Categorías


CIS-Galicia

Fundación Fomento Calidade

Consellería de Economía e Industria

Proxecto DIAPASOM

En marcha a web do proxecto, que consiste en desenvolver un sistema de diagnóstico para soldadura e soldadores manuais.

Acceder á web de diapasom AQUI.

Imaxes

Algunhas imaxes que describen a nosa actividade.

Sistema de Xestión da I+D+i

O día 5 de Marzo de 2009 tivo lugar a auditoría de seguemento da certificación UNE 166002:2006 sobre o Sistema de Xestión da I+D+i que ten esta Unidade dende principio do 2008, respaldada por AENOR.

Hai algunha novedade, como o Alcance, que agora debe ser máis específico e que se centra nos proxectos desenvoltos e auditados, que quedou definido como “O Desenvolvemento e a Innovación en Sistemas Automatizados de Control de Calidade e de Producción Aplicados á Soldadura”… unha definición que se aproxima moito á nosa actividade.

Proxecto CIPSOA

CIPSOA_Celula02.jpgO proxecto CIPSOA é un proxecto de cooperación entre CIS-Galicia e AIMEN, que se desenvolveu entre os anos 2004 e 2006 e está orientado á inspección de soldaduras ao arco, tanto mediante o rexistro e control automático de parámetros en tempo de soldadura como cun sistema de inspección visual automatizado.

Os procesos de soldeo ao arco están presentes de forma xeneralizada en diversos sectores industriais de Galicia. Isto inclúe á industria da construción naval e á industria da automoción, que teñen un gran peso na economía industrial galega.

Os procesos de soldeo ao arco que se empregan actualmente na industria da construción naval galega son:

  • Soldeo semiautomático FCAW.
  • Soldeo mecanizado MAG/FCAW, utilizando pórticos e tractores portátiles (utilizados para soldar baixo man e en posición)
  • Soldeo con arco mergullado mecanizado, utilizando pórticos e tractores portátiles.

Proxecto CIPSOA »

Proxecto de Medición de Desgaste de Aerovía

railes_01.jpg Expoñiase a necesidade de controlar o desgaste dun perfil dun material férrico ao longo de varios centos de metros nunha liña de montaxe circular. O devandito perfil utilízase para o transporte de vehículos, mediante uns carros que soportan unha carga total entre unha e dúas toneladas.

A necesidade está motivada pola comprobación realizada en planta do rápido desgaste sufrido, co consecuente gasto de reparación e paradas.

Os desgastes prodúcense en puntos críticos, como curvas e ramplas de subida ou baixada, e tamén resulta interesante controlar o desgaste xeral da instalación.

O método que se utiliza actualmente é a medición periódica (meses) nalgúns puntos marcados a tal fin na aerovía. A medición realízase mediante ultrasonidos nunha parada programada da instalación. Os inconvenientes do método actual son o espaciado no tempo dos controis, que os controis realízanse en só algúns puntos da vía e o alto custo de cada operación. Proxecto de Medición de Desgaste de Aerovía »

Proxecto IBCinema

PrxIbecinema01.jpg IBCinema é unha empresa creada en 1998 para A exhibición e distribución cinematográfica que dende o ano 2001 tamén se dedica á produción audiovisual.  O contacto xurdiu en 2005 por mor dos problemas detectados na produción de películas de stop-motion.

A realización dunha filmación stop-motion consiste na toma de fotografías dun escenario estático en miniatura no que se incorporan figuras modeladas con métodos artesanais que se modifican entre fotografía e fotografía para conformar finalmente a secuencia animada. Proxecto IBCinema »