Categories


CIS-Galicia

Fundación Fomento Calidade

Consellería de Economía e Industria

Proxecto CETROS

O proxecto CETROS (Célula Transportable para a Robotización de Soldadura) parte da idea de que para acadar a robotización da soldadura de grandes pezas é a cela a que debe desprazarse á peza e non ao revés. Tamén ten en conta que os programas de robot aplicaranse a soldaduras únicas, e polo tanto debe economizarse na súa realización e interactuar facilmente co operario.

O proxecto foi desenvolto por CIS-Galicia, o Centro Tecnolóxico Aimen e a enxeñaría Neodyn, contando co apoio da Dirección Xeral de I+D a través do programa INCITE da Xunta de Galicia.

Desenvolveuse un prototipo consistente en un soporte con orugas que pode desprazarse pola instalación para realizar soldaduras, preferentemente en chan ou en parede. Tamén pode extraerse o sistema motriz, quedando apoiado en catro soportes que permiten movelo con guindastre e apoiarse nunha peza coas típicas previas e reforzos.

O sistema de programación rápida, con un dispositivo sinxelo e robusto, conta con un joystick e unha pantalla táctil. Permite a realización de movementos, elixir cando se comenza e se para a soldadura, elixir os parámetros de soldadura, e buscar as xuntas mediante un sistema de apalpado co propio fío da ferramenta de soldadura. Unha vez realizado o programa pode executarse en baleiro, corrixir algún punto… ou simplemente proceder á soldadura.

No proxecto tamén se incorporou un sistema de medición de parámetros de soldadura, o que permite o rexistro das viariables (Voltaxe, Intensidade, Velocidade de fío, inclinación da ferramenta… e outros sensores), realizándose informes de execución de cada cordón de xeito automático.

O prototipo está en funcionamento nos obradoiros do CIS-Galicia, e o consorcio do proxecto ofrece aos usuarios interesados o probar o prototipo nas súas instalacións.

Comments are closed.