Categorías


CIS-Galicia

Fundación Fomento Calidade

Consellería de Economía e Industria

Proxectos Activos

DIAPASOM: Diagnóstico Para Soldadura Manual (CIS-Galicia, AIMEN). Desenvolvemento dun sistema que permitirá a avaliación das soldaduras e dos soldadores manuais, recollense datos da soldadura a través de sensores e, mediante algoritmos avanzados, avaliase a soldadura e ó soldador. A orientación á soldadura manual fai deste proxecto unha importante novidade, e tense en conta a importancia da mesma no sector Naval.

CETROS: Célula Transportable para robotización de soldadura (CIS-Galicia, AIMEN, NEODYN). Unha aposta do grupo por mellorar un aspecto clave da construcción naval: a soldadura. Desenvolvese un prototipo de célula de soldadura transportable que incorpora avances que a farán aplicable a traballos non repetitivos, minimizando o tempo de programación e asegurando a calidade das unións.

SINUS: Inspección de cordóns de soldadura mediante correntes inducidas (AIMEN, CIS-Galicia). Proxecto para a automatización de esta técnica de ensaio non destructiva, baseada en sensores eléctricos ou acústicos con actuador electromarnético. Esta técnica permite detectar defectos externos e internos (poros, falta de unión, gretas).

CCSP: Control de Calidade de soldadura de puntos por resistencia (CIS-Galicia, AIMEN). Claves: Rexistro de datos, cálculo de resistencia, control de bandas de tolerancia, rexistros de calidade, sistemas embebidos. Este proxecto está na fase de transferencia e explotación dos resultados.

FOTOV: Desenvolvemento dun controlador intelixente para inxección de enerxía procedente de paneis fotovoltaicos de forma constante na rede eléctrica. (CIS-Galicia e USC). Claves: Predicción meteorolóxica, control de carga de baterías, durabilidade de baterías, monitorización e control remoto, desenvolvemento de algoritmos de control. En cooperación con grupos de Enxeñaría Química e Electrónica da USC con experiencia en predicción meteorolóxica e sistemas autosuficientes remotos e illados.